O Concello de Zas vén de aprobar as Bases da convocatoria para a contratación de catro peóns de obras e servizos múltiples dentro do Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servixos municipais nos concellos da provincia (liña PEL- CONCELLOS 2023).
Trátase dun contrato temporal a xornada completa para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral. A duración do contrato de traballo será de 5 meses desde a data de contratación, a xornada completa. En todo caso os contratos terán como data límite de finalización o 31/12/2023.
Entre as funcións a realizar están: tarefas de limpeza e mantemento de espazos públicos, vías públicas, camiños, roteiros, espazos libres, sistemas locais; funcións de operario de obras ou servizos de reparación; condutor dos distintos vehículos municipais; operario do servizo de augas, recollida de residuos e limpeza viaria, coas tarefas propias deste servizo e calquera outra que lle sexa encomendada relacionada co posto.
Presentación de instancias
O prazo para a presentación das instancias remata o vindeiro 26 de xuño. As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán presentar o ANEXO I das Bases, que se pode descargar a través da seguinte ligazón: https://sede.concellodezas.org/sxc/export/sites/zas/recursos/downloads/CPOSM2023-ANEXO-I.pdf
As bases completas da convocatoria poden consultarse aquí: https://sede.concellodezas.org/sxc/export/sites/zas/recursos/downloads/Tablon/2023/ANUNCIO_PROG_20230619093028917_ANEXO_1687159829-0.pdf