O Centro Sociocultural de Zas acolle o 27 de xuño un curso sobre o uso de caixeiros de forma fácil e segura

06/07/2023

 

O Centro Sociocultural de Zas acolle o vindeiro 27 de xuño un curso sobre o uso de caixeiros de forma fácil e segura. Esta é unha actividade dirixida principalmente a persoas que teñan dificultade para manexarse co caixeiro de calquera entidade bancaria.

A formación, enmarcada no Programa de Educación Financeira de Abanca, comeza ás 11:00 horas e despois dunha pequena charla introductoria, os/as asistentes desprazaranse xunto cun monitor a un caixeiro para aplicar os coñecementos. A duración aproximada desta formación é de dúas horas.

Para poder participar é necesario anotarse previamente na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 (Isabel).