Un total de 831 corredores e corredoras de diferentes categorías xa están inscritas na VIII Carreira Pedestre de Zas que se celebra este sábado, 3 de xuño, e que está organizada polo Concello a través do seu departamento de Deportes. Agora os inscritos terán que confirmar a súa asistencia.
O lugar de saída e o de chegada estará situado, como vén sendo habitual, na Praza do Concello onde a partir das 15:00 horas abrirán as mesas para a recollida de dorsais. A celebración deste evento deportivo afectará ao tráfico rodado e o Concello de Zas ten preparado un dispositivo formado pola Policía Local e por voluntarios/as de Protección Civil que velarán pola seguridade viaria durante todo o evento. Estas son as estradas que se afectadas polo evento:
- Rúa Progreso: pechada dende a Praza do Concello ata o cruce con Rúa Nogueira
- Cortes puntuais: no resto da Rúa Progreso, Rúa Nogueira, na estrada a San Adrián de Castro, Biazana, Artón, Andregalla e na carretera de Santiago o tramo que vai dende a Casa do Concello ata o cruce de Carreira
Dende o Concello agradecemos que a veciñanza siga en todo o momento as indicacións de Protección Civil así como non aparcar na Rúa Progreso ao longo da tarde.
Probas e horarios
En total haberá seis probas diferentes nas que participarán veciños e veciñas de diferentes idades do noso municipio e de toda a Costa da Morte. Estes son os horarios de saída das diferentes probas:
- 16:30 horas: Sub 10
- 16:45 horas: Sub 12
- 17:30 horas: 3K Absoluta Contra o Cancro
- 17:32 horas: 3K Sub 14, 16 e 18
- 18:15 horas: 10k Absoluta
- 19:30 horas: Pitufos
A VII Carreira Pedestre de Zas pechará co acto de entrega de trofeos que terá lugar a partir das 19:45 horas na propia Praza do Concello.