Entregados os premios da VI Mostra de Teatro Labarta Pose

05/20/2023

 

Esta tarde tivo lugar no Auditorio de Zas o acto de entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura.

O xurado, formando por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius, decidiu distribuír os 3.500€ en premios da seguinte maneira:

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado (900€, trofeo e diploma acreditativo): “Vacacións”, de Tequerreté Teatro
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado (800€, trofeo e diploma acreditativo): “A pena do cu do mundo”, de Carrachanacha Teatro
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado (700€, trofeo e diploma acreditativo): “Arte”, de Hipócrita Teatro
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado (500€, trofeo e diploma acreditativo): “Os veciños do lado”, de Fauna 113
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado (400€, trofeo e diploma acredidativo): “A Lola”, de Avelaíña Teatro
  • Premio á mellor obra elixida polo público (200€, trofeo e diploma acreditativo): “Vacacións”, de Tequerreté Teatro
  • Premio ao mellor actor (trofeo e diploma acreditativo): Carlos Iglesias, pola súa interpretación de Carlos na obra “Arte”, de Hipócrita Teatro
  • Premio á mellor actriz (trofeo e diploma acreditativo): Marina Nieto, pola súa interpretación de Marta na obra “Vacacións”, do grupo Tequerreté Teatro

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, e a Concelleira de Réxime Interior Persoal e Patrimonio Municipal, Natalia Espasandín, foron os encargados da entrega dos premios. Antes de coñecer os resultados, tivo lugar a clausura da Escola de Teatro Infantil do Concello de Zas, dirixida por Toño Casais de Talía Teatro, que interpretaron dúas pezas teatrais cargadas de humor; “Unha casa nada deshabitada” e “Cuestión de ovos”.