Xa están aquí as actividades do programa “Maio, mes das letras” co que conmemoramos o Día das Letras Galegas

05/03/2023

O Concello de Zas, a través do seu departamento de Cultura, vén de dar a coñecer as actividades do tradicional programa “Maio, mes das letras” co que conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Francicos Fernández del Riego. A maior parte das propostas están dirixidas ao público en idade escolar e nas que incluímos actuacións musicais, contacontos e teatro

  • 11 de maio: “Contos para caghar patatillas”: As actividades do programa “Maio, mes das letras” comezan o 11 de maio cunha función escolar que nos trae Brais das Hortas ao Auditorio do Concello ás 10:30 horas. 
  • 17 de maio: Dobre sesión de teatro no Auditorio de Baio a partir das 18:00 horas co Grupo ELAS Teatro do IES Maximino Romero de Lema que nos interpretarán “O partido” e co Grupo de Teatro de 4º de EP do CEIP Labarta Pose que representarán “O trasplante de corazón”
  • 19 de maio: Brais das Hortas volve ao Auditorio de Baio, ás 12:30 horas, cos seus “Contos para caghar patatillas”. 
  • 19 de maio: A formación Abril leva o seu espectáculo de “Música folk” ao IES Maximino Romero de Lema. A función, dirixida ao alumnado da ESO e de Bacharelato, comeza ás 12:45 horas
  • 29 e 30 de maio: Os ratiños de Trinke Trinke Teatro trean á Axencia de Lectura de Baio o seu contacontos infantil “Viaxe a Brasil” co que, ademais de facernos pasar un anaco moi divertido, fomentan a animación á lectura. Está dirixido ao público infantil e familiar e comeza ás 18:00 horas. Ao día seguinte, o 30 de maio, repiten a función na Biblioteca Municipal de Zas

Durante o mes de maio continúa a VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose coas seguintes representacións:

  • 6 de maio: A compañía Fauna 113 representa ás 21:00 horas no Auditorio de Zas a súa obra “Os veciños do lado”
  • 13 de maio: O Auditorio de Baio acolle ás 21:00 horas a representación da obra de teatro “A pena do cu do mundo” de Carrachanacacha do Aturuxo de Melpómene
  • 20 de maio: O Auditorio de Zas acolle ás 18:00 horas a Clausura da Escola de Teatro Inantil do Concello de Zas e a entrega de premios da VI Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

XIV Concurso de marcapáxinas

E como vén sendo habitual por estas datas, as Bibliotecas municipais e o Concello de Zas convocan o XIV Concurso de Marcapáxinas co que nos sumamos aos actos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego. 

O Día das Letras Galegas é o tema obrigatorio deste certame no que poden participar as alumnas e os alumnos dos tres centros escolares do noso municipio. Haberá tres categorías (ata os 5 anos, de 1º a 5º de Primaria e de 6º de Primaria a 4º da ESO) e outorgaranse dous premios para cada unha delas dotados dun lote de libros. A praza límite para presentar os traballos é o 19 de maio.

Os marcapáxinas premiados empregaranse na Biblioteca Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste até o Día das Letras Galegas do ano 2024. As bases completas do certame poden consultarse na seguinte ligazón.