Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 marzo, o Concello de Zas vén de deseñar un programa de actividades nas que os máis novos serán os protagonistas.
A programación arranca mañá cunhas xornadas creativas dirixidas ao alumnado de educación primaria. “As mulleres que nos constrúen” é o título da sesión impartida por Tarabela Creativa e que se celebrará mañá no CPI de Zas e o martes no CEIP Labarta Pose.
A seguinte actividade son uns “Obradoiros de xénero e medios de comunicación” dos que se encargarán de impartir membros da asociación Agareso. Serán o día 8 de marzo no CPI de Zas e o día 10 no IES Maximino Romero de Lema.
Entre os meses de marzo e abril, realizaremos unha xornadas a prol dos dereitos laborais das mulleres, especialmente para as coidadoras e traballadoras do fogar. Estes “Circuitos de Obradoiros 8M” serán impartidos pola Asociación Arabías a través da Deputación da Coruña.
E como vén sendo habitual, o propio Día Internacional da Muller o Centro de Información á Muller – CIM – de Zas emitirá un manifesto que se publicará na páxina web do Concello de Zas e nas redes sociais municipais.