Un total de 55 alumnos e alumnas maiores de 50 anos, procedentes de sete concellos das comarcas que fan parte da Costa da Morte participarán entre febreiro e marzo na 5ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento na Costa da Morte (2023) que se inaugurará o próximo mércores, 22 de febreiro, ás 16:30 horas, no Centro Sociocultural de Baio coa presenza da Directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez, e de Alcalde do Concello de Zas e presidente do GDR “Costa da Morte”, Manuel Muíño Espasandín.
De seguido, ese mesmo día, ás 17 horas, comezará a actividade académica coa primeira das sesións correspondente ao Módulo I, a cargo do profesor Alberto Sucasas Peón, baixo o título “Unha filosofía da amistade: Michel de Montaigne”.
A Universidade Sénior de Coruña pon en marcha o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co GDR “Costa da Morte” e co Concello de Zas, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores das comarcas de Costa da Morte, que se desenvolverá nos meses de febreiro e marzo, no Centro Sociocultural de Baio.
Na seguinte ligazón podes consultar a listaxe de admitidos/as para esta 5ª edición do programa: https://universidadesenior.files.wordpress.com/2023/02/costa-da-morte-2023-listado-admitidos-as.pdf