A campaña “Galicia sabe aMar” chega ao noso municipio

02/16/2023

 

A campaña “Galicia sabe aMar”, impulsada pola Consellería do Mar, chega este sábado 18 de febreiro ao noso municipio. Esta iniciativa ten como obxectivo promover o consumo de peixes e mariscos entre a veciñanza así como a posta en valor do traballo dos profesionais do mar que contribúen ao suministro de alimentos de calidade entre a cidadanía. E para iso ofreceráselle unha degustación gratuíta de diferentes produtos do mar a todas as persoas que se acheguen ata a Praza do Concello en horario de 12:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.