Os Reis Magos regresan ao noso Concello e xa temos todo a punto para que realicen o seu tradicional percorrido polo municipio acompañados dos seus paxes. Coma vén sendo habitual recorrerán os 98 núcleos de poboación do Concello de Zas en dous días, o 4 e o 5 de xaneiro para ver así o maior número de nenos e nenas aos que lles entregarán un pequeno agasallo. Durante a súa visita estarán acompañados polo Alcalde de Zas, Manuel Muíño, que ademáis recibiraos á súa chegada na Casa do Concello. Estes son os percorridos e os seus horarios:
Mércores, 4 de Xaneiro
De 10:00 a 14:00 horas: San Adrián, A Devesa, Rial de Abaixo, Caberte, Maxín, A Atalaia, Rial de Arriba, Froxán, San Martiño, Vila, Langueirón, A Santa, Fontespiño, Pedra Padreiro, Marán, Campos, A Lagoa, Pudenza, Brandomil, A Calabanda, Padreiro, Quintáns, Limideiro, Curráis, A Gris, Borreiros, A Xestosa, Os Pedrouzos, As Abellas, O Couto, A Toxa, O Vilar, A Churía e Meanos.
Tras un breve descanso ás 15:00 horas continuarán o seu percorrido por Roma, Rus, Meanos, Vilar de Lamas, As Edreiras, Berbia, Romelle, Arcar, Loroño, Baizana, Artón, Sandrexo, Vilar, Saconde, Pazos, Quintáns, Andregalla, Penedo, Vilachán, Gomarís e Lamas.
Xoves, 5 de xaneiro
Ás 10:00 horas comezarán o seu percorrido por: Vilar do Mato, A Costa, Follente, Rosende, Mira, Ventoselo, Gontalde, Teixidón, Pedramaior, Carreira, Vilaestévez, Gándara, Quintáns, Vilar Ramilo, Paga, Budián, O Sisto, Sobreira, O Vilar, San Cremenzo, Castro, As Pereiras, Bermello, Cotón do Muíño, Xerne, A Cebola, Muriño, Regalados, O Pombal e Fornelos.
Recepción Real
Os Reis Magos rematarán a súa visita cunha recepción real. Pero antes percorrerán xunto coa súa comitiva as rúas de Baio (a partir das 17:45 horas) e as de Zas (a partir das 18:30 horas). Logo irán para a Praza Jorge Mira Pérez e para a Praza do Concello, respectivamente, onde farán as recepcións reais e entregarán uns pequenos agasallos á rapazada. A festa rematará coa actuación de Trasnos de Nadal (en Baio) e co Mago Pago (en Zas). Nos dous sitios haberá chocolate con churros para todos e todas!
Esta é unha actividade organizada polo Concello de Zas e que se inclúe dentro da programación de Nadal e que conta coa colaboración da Asociación Cultural Adro e do Bazar Baio.