700 deportistas participan este sábado na VII Carreira Pedestre do Concello de Zas

06/02/2022
 

Un total de 698 persoas formalizaron a súa inscrición na VII Carreira Pedestre do Concello de Zas que se disputará este sábado pola tarde. A praza da Casa do Concello será o punto de saída e de chegada das seis probas que discorrerán por diferentes parroquias do noso municipio. 

En canto ás participacións por categorías, a proba con maior participación é a 10K na que están cofirmados 298 deportistas. Séguelle a 3K Contra o Cancro, con 198 participantes; mentras que nas categorías inferiores participarán 200 corredoras e corredores de diferentes idades. O servizo de entrega de dorsais estará operativo a partir das 15:00 horas. Estes son os horarios de saída:

  • 16:30 horas: Benxamín
  • 16:45 horas: Alevín
  • 17:30 horas: Absoluta 3K Contra o Cancro
  • 17:32 horas: Infantil – Cadete – Xuvenil 
  • 18:15 horas: 10K Sénior – M40 – M50
  • 19:30 horas: Pitufos

Na seguinte ligazón podes consultar os percorridos de cada unha das probas: https://racemapp.com/proyecto/364-carreira-pedestre-concello-de-zas

7º Circuito Correndo pola Costa da Morte

A VII Carreira Pedestre do Concello de Zas forma parte do 7º Circuito Correndo pola Costa da Morte no que participan dez municipios da comarca e que este ano ten a Teresa Castro Villaverde como madriña.