28 obras optan a participar na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

03/31/2022

Un total de 28 obras de teatro inscribíronse para participar na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura, e que se celebrará nos meses de abril e maio.

Agora o xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius seleccionará as obras de teatro finalistas que se representarán os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio. Das 28 obras de teatro que se presentaron ao certame elixiranse cinco, de cinco compañías/grupos de teatro diferentes que proceden de Cambre, Teo, Arteixo, Ferrol, Pontevedra, entre moitos outros lugares da xeografía galega.

Na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose repartiranse 3.500 euros en premios que se distruirán así: 

  • Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
  • Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo