Un total de 28 obras de teatro inscribíronse para participar na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose, organizada polo Concello de Zas a través do seu departamento de Cultura, e que se celebrará nos meses de abril e maio.
Agora o xurado composto por membros do Concello de Zas e do grupo de Teatro Badius seleccionará as obras de teatro finalistas que se representarán os días 23 e 30 de abril e 7, 14 e 21 de maio nos Auditorios de Zas e de Baio. Das 28 obras de teatro que se presentaron ao certame elixiranse cinco, de cinco compañías/grupos de teatro diferentes que proceden de Cambre, Teo, Arteixo, Ferrol, Pontevedra, entre moitos outros lugares da xeografía galega.
Na V Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose repartiranse 3.500 euros en premios que se distruirán así:
- Premio á mellor obra elixida polo xurado: 900€, trofeo e diploma acreditativo
- Premio á segunda mellor obra elixida polo xurado: 800€, trofeo e diploma acreditativo
- Premio á terceira mellor obra elixida polo xurado: 700€, trofeo e diploma acreditativo
- Premio á cuarta mellor obra elixida polo xurado: 500€, trofeo e diploma acreditativo
- Premio á quinta mellor obra elixida polo xurado: 400€, trofeo e diploma acreditativo
- Premio á mellor obra elixida polo público: 200€, trofeo e diploma acreditativo