Zas polo miúdo: Zas

26-10-2017

O Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura, continúa coa proposta “Zas polo miúdo”, coa finalidade de dar a coñecer máis a fondo as parroquias do noso municipio.

Na páxina web municipal, na sección: “Zas polo miúdo”, este mes de outubro presentamos a documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema sobre a parroquia de Zas. 

Algún dato a destacar desta parroquia, entre outros:

  • Respecto ó nome da parroquia e do concello críase que podía proceder do xermánico *SALA ‘pazo, residencia principal’ pero na actualidade hai quen pensa que pode proceder de do latín *SALIX, na súa forma derivada SALICE (salgueiro).
  • Tiveron moita importancia nela a familia nobre dos Lamas, orixinarios da parroquia homónima, que mandaran edificar a igrexa, constituíron os morgados de Sas e Brandomil e acabaron emparentados cos Caamaño de Romelle, que pasarían a ser os presenteiros.
  • Non debemos esquecer a Festa da Carballeira, romaría folk coñecida en toda Galicia pola calidade dos músicos que actúan nela e que xa vai polas 34 edicións.

Ligazóns

Noticias relacionadas

Compartir: