Zas polo miúdo: Santa Sía de Roma

17-03-2017

Este mes de marzo o Concello de Zas por medio da Concellaría de Cultura, presenta a documentación elaborada por Evaristo Domínguez e Xosé Mª Lema correspondente á parroquia de Santa Sía de Roma.

Unha das sorpresas que se presentan nesta nova entrega de Zas polo miúdo, fai referencia á nomenclatura da parroquia: ata o último terzo do séc. XVI a parroquia só figura nos documentos co nome da santa: Santa Cecilia, Santa Cecía, Santa Cía ou Santa Sía. A partir de 1570 xa aparece co engadido de Roma, que sen dúbida pretendía facer referencia á orixe da santa venerada na igrexa: a mártir romana do séc. III, que despois sería escollida como patroa da música.

Outros datos interesantes fan referencia á igrexa parroquial na que destaca o seu alto campanario, é de resaltar o retablo maior feito en pedra de granito, xa que non son moitos os retablos pétreos no barroco galego de principios do XVIII.

Ligazóns

Noticias relacionadas

Compartir: