Áreas de traballo

O Centro de Información á Muller (CIM) é un servicio gratuíto do Concello de Zas destinado a atender as demandas das mulleres de forma personalizada e confidencial.

Este departamento, creado o 14 de xuño de 2001, proporciona asesoramento xurídico, atención psicolóxica, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade de oportunidades.


Principios de actuación

  1. O anonimato na identidade das usuarias, salvo decisión en contrario destas
  2. O respeto á vontade das usuarias na busca das posibles solucións e alternativas ás consultas expostas.
  3. A gratuidade do servizo
  4. O respecto ao principio de confidencialidade que garantizará a privacidade das comunicacións.

Áreas de Traballo

As áreas nas que se traballa son as seguintes:

  • Asesoría xurídica
  • Asistencia Psicolóxica
  • Información de recursos
  • Atención específica ás mulleres víctimas de violencia de xénero
  • Realización de actividades

Funcións das profesionais do CIM

Responsable do centro:

A responsable do Centro de información á muller, ten entre outras ,as seguintes funcións:

  • Organización,coordinación, e xestión do Centro de Información á Muller
  • Atención individualizada ás usuarias
  • Atención específica ás mulleres víctimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición os recursos precisos para a corrección desta situación.
  • Tramitación de axudas e teleasistencia para víctimas de violencia de xénero
  • Impartición de módulos de igualdade
  • Organización de actividades de: ocio, culturales (exposicións), deportivas, formativas
  • Organización de conferencias sobre temas de interés para as mulleres, exposicións,
  • Coordinación cos servicios de emprego para a participación do centro en diferentes cursos formativos dirixidos ás mulleres para favorecer a súa inserción laboral.
  • Coordinación con servizos e organismos públicos ou privados.
  • Calquera outra actividade que teña como obxectivo prioritario a consecución da igualdade.

Atención xurídica (Abogada):

A asesora xurídica do Centro de Información á Muller abarcará as seguintes áreas:

  • Dereito de familia: réxime económico matrimonial, separacións, divorcios, unións extramatrimoniales.
  • Dereito Civil: herencias e sucesións, nacionalidade, vivienda, alquileres...
  • Dereito Administrativo: extranxería, permiso de residencia, recursos.......
  • Dereito Penal: malos tratos, agresión sexual, acoso sexual, impago de pensións.
  • Dereito Laboral: contratación, protección maternidade, desemprego,...
  • Otros Trámites: xustiza gratuita.

Atención psicolóxica (Psicóloga):

A Psicóloga do CIM desenvolve as seguintes funcións: 

  • Orientación e asesoramento psicolóxico en diferentes ámbitos: dificultades/ruptura de parella, problemas familiares, violencia doméstica, problemas académicos e laborales, acoso laboral...
  • Terapias: individual, familiar e de parella transtornos de ansiedade, depresión, baixa autoestima, fobias, dependencias...
  • Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas.
  • Realización de informes psicolóxicos
Compartir: